No caso de que rexistrase o seu/súa fill@ no "Basket na rúa 2025", AUTORIZA a súa participación neste. Tamén afirma que os datos contidos no Formulario de inscrición son certos. Así mesmo, coa inscrición no campionato, recoñece, consente e aceptas as seguintes condicións de acceso:
Para cumprir co estipulado no RGPD na normativa posta en vigor o 25 de Maio de 2018, comunicámoslle que os seus datos persoais quedarán rexistrados no ficheiro do titular Javier Lucio González. Coa finalidade de informar @s participantes, vostede dá consentemento explícito para que o responsable poida tratar os seus datos persoais, e ceder a información a terceiros.
Por outro lado, vostede pode exercer os dereitos de acceso, cancelación, rectificación ou oposición previstos na lei, mediante un correo persoal dirixido ao e-mail do evento.